ATLANTIC PONTE é unha empresa galega que cree no traballo en equipo e na cooperación como ferramentas para xerar ilusión, iniciativas e oportunidades en ámbitos como o social, cultural ou económico. Aportamos solucións adaptadas ás necesidades da administración pública,da empresa privada e das asociacións e entidades privadas.
O factor humano é a aportación mais importante de ATLANTIC PONTE, que conta cun amplo equipo de profesionais con experiencia contrastada en ámbitos como o económico e social, xurídico, empresarial, de xestión, marketing e investigación comercial e unha carteira de colaboradores especializados.
ARQUIVO DIXITAL é un espazo adicado a dixitalización de contidos. A potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións son, sen lugar a dúbidas, instrumentos xeradores de riqueza. Internet estase convertendo nunha plataforma na cal se pode crear toda clase de documentos de negocios e, o que é máis importante, compartilos.
Polígono da Costa Vella
República Checa, 40
15706 [Santiago de Compostela]
A Coruña
Tel: 981 551 707
Fax: 981 897 555
mail:info@atlanticponte.es

